mércores, 19 de febreiro de 2025

RESEÑAS SOBRE KITCHEN

 

Reseña Nº1

  

 Nunca deixará de sorprenderme o diferente que é a literatura asiática. Con “Kitchen” coñecín finalmente a pluma de Banana Yoshimoto, a primeira novela dunha das escritoras xaponesas más aclamadas dos últimos anos.

 

Unha historia curta e lixeira, de tan só 200 páxinas na que atopamos un berro de auxilio. A historia xira arredor da soidade e a dependencia emocional. O duelo, a superación, o amor e a amizade, todo se mestura para traernos a historia de Mikage e Eriko.

 

Personaxes únicas e situacións sorprendentes. Unha historia que para estar escrita no ano 1988 trata temas moi actuais como o cambio de sexo nunha sociedade na que moitos temas son tabú aínda hoxe.

 

 

Reseña Nº2

  

“Kitchen” é unha historia sinxela e reconfortante que fala sobre a perda e a vida tras ela. A protagonista, Mikage, unha xove marcada pola morte dos seus seres queridos, enfróntase a un cambio profundo trala perda da súa avoa, o seu último lazo familiar. Esta morte desbarata o seu mundo e inicia un camiño de duelo, lembranzas e novos encontros que marcarán profundamente a súa vida.

 

A narración en primeira persoa achéganos íntimamente ás súas emocións e á súa maneira de experimentar as situación. Ao inicio da novela, Mikage está sumerxida nunha profunda depresión, marcada polo sentimento de perda e unha desconexión co mundo. Mais anque a súa vida está teñida de dor, la historia non cae na desesperación. Pola contra, relátanos de forma pausada e sinceira como a vida segue adiante e como as súas feridas comezar a curarse.

 

Mikage descríbenos como atopa consuelo nos pequenos detalles e lugares que evocan o sentimento de fogar como pode ser unha cocina. A compasión que recibe apórtanos a calidez que precisamos para mantermos a esperanza mentres a acompañamos. As súas vivencias amósannos como a dor pode unir ás persoas.

A través da sensibilidade da súa mirada temos unha fiestra ao corazón das demais personaxes e das súas emocións, e podemos ver como a personalidade e momento vital de cada persoa lévaa a xestionar á perda e á superación á súa maneira.

 

Sen procurar grander xiros nin momentos de drama, “Kitchen” captura con sensibilidade as emocións que rodean a perda e o consuelo. Lémbranos que, incluso nos momentos máis escuros, as relacións e os xestos de compasión axúdannos a atopar a esperanza e a seguir cara adiante.

  

 

 

 

 

 

Reseña Nº3

 

Un libro moi interesante e agradable de ler no que o tema principal á a morte. Leva a unha reflexión sobre o sentimento de perda e soidade. Lectura recomendada. 

 

 

Reseña Nº4

 

Este foi o meu primeiro libro de escritor xaponés. No libro gustoume e sinalar o avanzado para o momento no que se escribiu nas diferentes maneiras que ten cada personaxe para sobrelevar a perda dun ser querido. Eu quedo coa úlitima historia do libro, “Moonlight shadow”.

 

 

Reseña Nº 5

 

Me gustó mucho. Ameno y sorprendente en algún sentido. Está dividido en tres partes, las dos primeras están relacionadas por ser continuación una de la otra, y la tercera es una historia aparte, preciosa. El afrontamiento de situaciones complicadas en la vida de los protagonistas y la sensibilidad que tiene la escritora al describir la gestión de las emociones en momentos difíciles, hacen de esta obra un pequeño tesoro.

 

Gustoume moito. Ameno e sorprendente nalgún sentido. Está dividido en tres partes, as dúas primeiras están relacionadas por se continuación unha da outra, e a terceira é unha historia aparte, preciosa. A confrontación de situación complicadas na vida dos protagonistas e a sensibilidade que ten a escritora a describir a xestión das emocións en momentos difíciles, fan desta obra un pequeno tesouro.

 

 

Reseña Nº 6

 

“Perdimos a (eiquí omitimos o nome da personaxe para evitarmos facervos espóiler) e, os dous, que flotando polo espacio escuro seguimos fluíndo dentro dun río de luces, estábamos a punto de chegar a un desenlace.

 

Sabíao pola cor do aire, pola forma da lúa e pola negrura do ceo nocturno naquel momento. Sabíao. Os edificios e as farolas brillaban aflixidos.”

 

Este extracto do libro non só me chegou profundamente, senón que considero que resume moi ben este e reflicte, en poucas palabras, a esencia do libro a a riqueza descritiva emotiva mais de xeito xusto, sen aditivos innecesarios.

 

Por outro lado, a proposta e desenvolvemento da temática deste libro de Yoshimoto parécenme realmente admirable en todos os sentidos. Non só trata o tema da diversidade sexual nun contexto da sociedade xaponesa (semellante en moitos aspectos á española) da década de 1980 contribuíndo á normalización da tolerancia e ao respecto de cada individuo, senón que, o enfoque e tratamento da narrativa axuda a mellorar a sensibilidade do lector, sendo unha expresión de liberdade e unha aposta pola esperanza.

 

Mais non esquezamos o fío condutor do libro: a xestión emocional da perda dun ser querido e todo o que acontece arredor disto. Nese senso, a segunda historia do libro, “Moonlight Shadow”, aporta un toque máxico inesperado dentro do realismo sentimental do libro á par que amosa a importancia de poder pechar o capítulo de podérmonos despedir dalguén cando vai paritr cara o outro mundo.

 

O certo é que este libro foi todo un descubrimento. Recoméndovos a súa lectura e non pararedes até chegar até o final, xa volo adianto.


Actividade enmarcada no "Programa 37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística" do Plan Proxecta+ 2024/25, co proxecto conxunto "日本から ガリシアまで /nihon kara garishia made/ (De Xapón a Galicia)" entre a Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o CEIP Plurilingüe Bragade.








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario