PRESENTANDO A SETOUCHI JAKUCHO
Despois de ler
“Kitchen” de Banana Yoshimoto, as nosa seguinte lectura vén da man dunha
aclamada monxa budista: Setouchi Jakucho, famosa polas súas obras e polo seu
papel como pioneira do feminismo no século XX en Xapón.
Nada no seo dunha
familia acomodada, estudou Literatura na Universidade Cristiana de Tokio e tras
casar mudouse a Pekín. Coa fin da Segunda Guerra Mundial, Setouchi Jakucho
volta a Xapón e cambia a súa vida por completo tras divorciarse e ordearse
monxa budista.
Ao longo da súa
vida foi galardoada con varios premios literarios mais o primeiro chega da man
da súa obra “Kashin”, obra fortemente criticada. En 1963 gañou o Premio de
Literatura da Muller coa súa obra “Natsu no Owari”.
Ademais da
literatura, adicou os seus últimos anos a diversas causas sociais, defendendo
aos máis desfavorecidos, a paz, o medio ambiente e chegando a contruir un
centro para mulleres.
Tamén temos que destcar que SetouchI Jakucho participou na tradución do
xaponés clásico ao moderno de Genji Monogatari, a primeira novela da historia.
Coñeceremos a pluma de Setouchi Jakucho lendo “Beleza no caos”, novela
publicada por Satori edicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario