mércores, 19 de febreiro de 2025

KITCHEN NO CINEMA

 

ADAPTACIÓNS DA NOSA LECTURA ACTUAL Á GRAN PANTALLA

 

 

Para todos aqueles que, ademais de desfrutar dun bo libro, gosten tamén do cine, a nosa lectura actual conta cun par de adaptacións á grande pantalla. Unha delas foi un flime para a televisión xaponesa e a outra, unha versión cinematográfica producida en Hong Kong en 1997, que tivo un maior impacto.

 

“Kitchen” (a súa versión xaponesa) foi unha largometraxe dirixida por Yoshimitsu Morita no ano 1989. Yoshimitsu Morita foi un grande director nipón autodidacta que fixo o seu debut oito anos antes e estivo nominado por oito preimos da Academia Xaponesa. Por outro lado, a versión chinesa non  veu a luz até 1997.

 

Deseguido deixámosvos os dous cartaces promocionais das películas e encantaríanos que, se vos animades a velas, tamén as comentemos na reunión do clube que terá lugar o Xoves 28 de novembro ás 18:15 na biblioteca da EOI.

 




 

 

Até pronto!

Actividade enmarcada no "Programa 37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística" do Plan Proxecta+ 2024/25, co proxecto conxunto "日本から ガリシアまで /nihon kara garishia made/ (De Xapón a Galicia)" entre a Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o CEIP Plurilingüe Bragade.






 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario