martes, 18 de febreiro de 2025

RESEÑA DE BANANA YOSHIMOTO

 

BANANA YOSHIMOTO

 

 

Hoxe presentams a Banana Yoshimoto, autora da nosa primeira lectura para este curso 2024-2025. Banana Yoshimoto é o pseudónimo co que é coñecida anque o seu auténtico nome é Mahoko Yoshimoto. Este alcume nace debido ao seu gusto polas flores vermellas da bananeira. É filla de Takaaki Yoshimoto, un dos críticos e filósofos xaponeses máis influentes da década dos 60, e irmá da debuxante Haruno Yoiko.

 

Comezou a escribir mentres traballaba de camareira no restaurante dun clube de golf e en 1988 coa súa novela “Kitchen” conseguiu un éxito rotundo trala súa publicación. Grazas a este libro, acadou o Premio Umitsubame da Primeira Novela e incluso deu o salto á grande pantalla.

 

As súas historias caracterízanse por ter un aire liberal, un grande achegamento co lector e tratar teman sinxelos e cotiás mais que chegan a describir situacións pouco habituais da cultura xaponesa.

 

Deseguido deixamos diferentes títulos da autora:

-       Kitchen (a nosa lectura actual)

-       Soño profundo

-       Lagartixa

-       Lembranzas dun calello sen saída

 

 

 


Actividade enmarcada no "Programa 37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística" do Plan Proxecta+ 2024/25, co proxecto conxunto "日本から ガリシアまで /nihon kara garishia made/ (De Xapón a Galicia)" entre a Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o CEIP Plurilingüe Bragade.






 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario