村田 沙耶香 [むらた さやか] ・ コンビニ 人間「コンビニ にんげん」 ・ 1
Sayaka Murata – La dependienta* - 1
皆さんこんにちは
Hoxe traemos a primeira entrada do derradeiro libro “La dependienta”, que leremos no Club de Lectura Xaponesa este curso. Comezamos?
Sayaka Murata é unha escritora xaponesa nada no 1979 en Inzai, Chiba.Estudou na Universidade Nacional de Yokohama e alí gradouse en Literatura Xaponesa. Logo diso, traballou a tempo parcial nunha tenda de conveniencia (konbini) durante oito anos. Esta sería, sen dúbida, unha das súas principais fontes de inspiración para a súa obra máis coñecida “La dependienta”.
A novela, titulada orixinalmente "Konbini Ningen" (en xaponés "コンビニ人間"), publicouse no 2016 e axiña chegou a ser un éxito de vendas no Xapón, chegando a gañar o presitixioso Premio Akutagawa ese mesmo ano. Traduciuse ao inglés da man de Ginny Tapley Takemori e veu a luz no 2018 baixo o título de "Convenience Store Woman". A partires dese momento a obra tamén se traduciu a outras linguas acadando moita popularidade en todo o mundo.
"La dependienta" céntrase na vida de Keiko Furukura, unha muller solteira de 36 anos que traballa nun konbini na capital nipona, Tokio. Keiko traballa na mesma tenda de conveniencia dende hai 18 anos mais, dentro desa vida rutinaria e monótona, ela séntese cómoda. Malia a presión social para se casar e ter fillos, ela non ten un verdadeiro interese nunha “vida normal” e esfórzase por atopar o seu lugar no mundo.
Ao longo das páxinas podemos atopar temas coma a presión social, a conformidade e a idenditade individual dende o prisma da cultura xaponesa. A escritora, a través da perspectiva da súa protagonista, achéganos a presión que sente a sociedade xaponesa para axustarse ás normas e as expectativas sociais así como o xeito no que son desprazadas aquelas persoas que non o fan. Outro dos eixos na obra de Murata é a destacada importancia do traballo e a rutina de vida de Keiko, aspectos que lles dan sentido de propósito e estabilidade dentro dun mundo que a rexeita.
A obra que nos ocupa tivo moi boa acollida por parte da crítica e considerouse coma unha obra mestra da literatura xaponesa contemporánea, chegando a comparala con obras de Haruki Murakami e Banana Yoshimoto, dous dos escritores xaponeses máis coñecidos a nivel internacional. No 2018 The New Yorker seleccionou esta novela como un dos libros do ano e tamén foi obxecto de múltiples adaptacións, incluindo unha peza fílmica no Xapón, coa actriz e modelo Yu Aoi no papel da protagonista, Keiko Furukura.
Alén desta novela, Sayaka Murata conta con máis de dez obras publicadas no país do sol nacente, coma "Tsugaru" e "Earthlings", ámbalas dúas moi apreciadas pola crítica tamén. O estilo de escritura sinxela e directa, e a habilidade para dar vida á personaxes complexos e realistas son dúas das facetas literarias que máis destacan na escritora.
En resumo, Sayaka Murata e a súa obra "La dependienta" ofrecennos unha perspectiva valiosa e única sobre a sociedade xaponesa e as loitas pola identidade individual que enfrontan aqueles que non encaixan nas expectativas sociais dun mundo que a miúdo non acepta a diferenza.
Agora que xa coñeces máis sobre o contexto é o momento de comezar esta obra tan interesante e actual que non che deixará infiderente!
Desfruta da lectura e vémonos no seguinte post!
またね。
Ningún comentario:
Publicar un comentario