O próximo 17 de marzo festexamos do Día da Banda Deseñada. Na Biblioteca da EOI da Coruña lanzamos un concurso no que todas as persoas participantes terán a súa recompensa.
Trátase de escribir unha pequena historia, de máximo 200 palabras, en calquera lingua de estudo da EOI, inspirada nunha das 4 pranchas de Quino que tedes a continuación.
Quino foi o creador de Mafalda, humorista e debuxante arxentino, que faleceu en 2020, e do que podedes saber máis aquí: https://www.quino.com.ar/
As historias creadas deberán ser enviadas ao enderezo mail da biblioteca (eoi.corunha.biblioteca@edu.xunta.gal) e acompañadas desta autorización, debidamente asinada: AUTORIZACIÓN
As historias creadas serán publicadas no blog da biblioteca baixo a licenza:
Para máis información: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario