domingo, 27 de outubro de 2024

BANANA YOSHIMOTO VERSIÓN GALEGO

 

 

Hoxe presentamos a Banana Yoshimoto, autora da nosa primeira lectura para este curso 2024-2025. Banana Yoshimoto é o pseudónimo co que é coñecida anque o seu auténtico nome é Mahoko Yoshimoto. Este alcume nace debido ao seu gusto polas flores vermellas da bananeira. É filla de Takaaki Yoshimoto, un dos críticos e filósofos xaponeses máis influentes da década dos 60, e irmá da debuxante Haruno Yoiko.

 

Comezou a escribir mentres traballaba de camareira no restaurante dun clube de golf e en 1988 coa súa novela “Kitchen” conseguiu un éxito rotundo trala súa publicación. Grazas a este libro, acadou o Premio Umitsubame da Primeira Novela e incluso deu o salto á grande pantalla.

 

As súas historias caracterízanse por ter un aire liberal, un grande achegamento co lector e tratar teman sinxelos e cotiás mais que chegan a describir situacións pouco habituais da cultura xaponesa.

 

Deseguido deixamos diferentes títulos da autora:

-       Kitchen (a nosa lectura actual)

-       Soño profundo

-       Lagartixa

-       Lembranzas dun calello sen saída

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario